viernes, 31 de agosto de 2012

II Noite de Cine e Repostería das Tres Aldeas


Por segundo ano consecutivo, voltan o cine e a repostería ás Tres Aldeas!!!

A idea partiu da directiva da Asociación de Veciñas e Veciños de Riamontes o ano pasado co afán de facer unha actividade de contido cultural e que ao mesmo tempo fose unha xornada de encontro e convivencia para os habitantes das tres aldeas (Pedrouzos, Vilar e Lamas).

O ano pasado, pese a ter unha difusión pequena, asistiron máis de cen persoas e participaron quince postres das tres aldeas, dun nivel excelente por certo. A proxección da película Tempos Modernos de Charles Chaplin tamén foi un éxito.

Este ano como novidade temos que o concurso se abre a calquera que queira participar e que se repartirán nove premios entre tres categorías.

Poñeremos a película Crebinsky e contaremos coa presencia de Miguel de Lira que fará unha presentación da película e formará parte do xurado xunto á fotógrafa culinaria Virginia Barros e a cociñeira profesional Rosa Esturao.

A actividade pode realizarse grazas ás cotas dxs asociadxs e á colaboración do Grupo de teatro Chévere, o taller de cociña Hello Cooking, o taller de confección Agezar, e a empresa de serigrafía Stampa. A maioría delas, empresas vinculadas a integrantes da asociación.

É importante salientar que no caso de haber chuvia, farase na Escola de Cruxeiras.
Calquera dúbida, contactade con nós

Un saúdo e grazas.



Boletín de inscripción


Díptico informativo páxina 2


Díptico informativo páxina 1