Blog da Asociación de veciños da parroquia de Ames, concello de Ames ( A Coruña), para defender os intereses comúns das aldeas de Pedrouzos, Lamas e Vilar e o entorno natural do regato de Riamontes
domingo, 16 de septiembre de 2012
viernes, 31 de agosto de 2012
II Noite de Cine e Repostería das Tres Aldeas
Por segundo ano consecutivo, voltan o cine e a repostería ás Tres Aldeas!!!
A idea partiu da directiva da Asociación de Veciñas e Veciños de Riamontes o ano pasado co afán de facer unha actividade de contido cultural e que ao mesmo tempo fose unha xornada de encontro e convivencia para os habitantes das tres aldeas (Pedrouzos, Vilar e Lamas).
O ano pasado, pese a ter unha difusión pequena, asistiron máis de cen persoas e participaron quince postres das tres aldeas, dun nivel excelente por certo. A proxección da película Tempos Modernos de Charles Chaplin tamén foi un éxito.
Este ano como novidade temos que o concurso se abre a calquera que queira participar e que se repartirán nove premios entre tres categorías.
Poñeremos a película Crebinsky e contaremos coa presencia de Miguel de Lira que fará unha presentación da película e formará parte do xurado xunto á fotógrafa culinaria Virginia Barros e a cociñeira profesional Rosa Esturao.
A actividade pode realizarse grazas ás cotas dxs asociadxs e á colaboración do Grupo de teatro Chévere, o taller de cociña Hello Cooking, o taller de confección Agezar, e a empresa de serigrafía Stampa. A maioría delas, empresas vinculadas a integrantes da asociación.
É importante salientar que no caso de haber chuvia, farase na Escola de Cruxeiras.
Calquera dúbida, contactade con nós
Un saúdo e grazas.
martes, 31 de julio de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
























